Descarga de balde o conto ‘Un polbo xigante’ na voz de Carlos Casares

Categoría: Nova

Deixamos hoxe aquí para a súa descarga de balde, o conto UNPOLBO XIGANTE que Carlos Casares leu na Real Academia Galega o 27 de outubro de 1999 e que nós incorporamos ao libro do mesmo título que temos en catálogo.

Para acceder á descarga tes que premer na ligazón da dereita destas liñas. Seguro que a Casares lle encantaría escoitarse deste moderno xeito na medida en que el era un grandísimo contador de historias.

Que mellor para recordar a Casares que escoitar a súa voz de novo!

Comparte nas túas redes sociais ou por email