Demetrio Bilbatúa, Premio á Excelencia Universal

Categoría: Nova

O Premio á Excelencia Universal será entregado o próximo primeiro de setembro na cidade de México a Demetrio Bilbatúa Rodríguez nativo de Vigo e mexicano por elección. Este recoñecemento foi creado polo Premio Nobel da Paz (1968) René Cassin 'co obxecto de preservar a calidade en diversas áreas do saber humano'.
Bilbatúa é un dos cineastas mexicanos con maior número de recoñecementos internacionais e foi elixido polo xurado do premio 'pola súa traxectoria na difusión de México ao mundo'.
Esta distinción téñena recibido anteriormente persoeiros coma o rei Juan Carlos, Nancy Reagan, Margaret Thatcher, Luciano Pavarotti, Jacques Chirac, María Félix, Julio Iglesias, Paloma Picasso, entre outros.

Comparte nas túas redes sociais ou por email