Culturgal mantén até o 25 de setembro o prazo para presentar propostas

Categoría: Nova

A Feira Galega das industrias Culturais, Culturgal, mantén até o próximo 25 de setembro aberto o prazo para a presentación de propostas para a súa cuarta edición, que se celebrará en Pontevedra os días 2,3 e 4 de decembro. Como xa é tradición dende o comezo desta gran Feira das Industrias Culturais, a nosa editorial ten a intención de presentar algunhas das súas máis importantes novidades que saen do prelo para este derradeiro trimestre do ano.
Sen dúbida, estamos diante dunha das grandes citas culturais do ano, como demostra a afluencia de público das outras edicións. Así, por exemplo, o ano pasado superou as 14.000 persoas nesta convocatoria que ten como un dos seus grandes obxectivos a promoción e o desenvolvemento da lingua e da cultura galegas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email