Aínda está recente a segunda edición de CAMIÑOS NA AUGA, a nova novela de Manuel Núñez Singala publicada na nosa colección "Literaria" e sae do prelo a cuarta edición do seu libro de relatos INSTRUCIÓNS PARA TOMAR CAFÉ, o que dá a medida do éxito que este autor ten entre o público galego de todas as idades.
Estamos diante dun libro, en palabras do propio autor, que pretende reflexionar sobre o que "somos como galegos e como seres humanos".
Un libro cheo de retranca, unha das marcas da casa de Manuel Núñez Singala…

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR