Escoller onde buscar

A Píntenga de Marta xa está a fedellar polo mundo

Categoría: Nova

Hai uns días que as librerías galegas empezaron a se encher coa curiosa e divertida historia dunha píntega e dunha nena chamada Marta e que naceron na imaxinación fecunda da escritora Eli Ríos. MARTA E A PÍNTEGA é o título da novela que acabamos de publicar na colección Árbore (para o lectorado a partir de 10 anos) e que se centra na figura de Marta, unha cativa que ten a capacidade de que lle pasen cousas incribles, máis a ela que ao resto da xente xunta, e dunha píntega que, viaxando con ela polo mundo dos contos, van vivir aventuras que non deixarán sen acougo a ninguén.
A novela presentarase na vindeira edición da Feira do Libro da Coruña.

Comparte nas túas redes sociais ou por email