Convócase a segunda edición do premio de novela Camiño de Santiago

Categoría: Nova

O prazo para presentar os traballos estará aberto ata o 15 de setembro.
A Academia Xacobea convocou a segunda edición do premio de novela Camiño de Santiago. O prazo para presentar as propostas estará aberto ata o 15 de setembro. Poden ser tanto en galego coma en castelán e a condición é que a ruta xacobea estea presente de maneira notoria. A gañadora ou gañador recibirá 3.000 euros e a obra será publicada pola Editorial Galaxia. Tamén haberá a posibilidade de entregar un accésit, que será para a mellor obra redactada no idioma que non obteña o primeiro premio.
O certame literario foi presentado onte nun acto co presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou; o vicepresidente da entidade, Marcelino Agís, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director de edicións de Galaxia, Carlos Lema. O premio literario conta tamén co apoio de Aluminios Cortizo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email