Convocado o IV Concurso Inspiraciencia

Categoría: Nova

INSPIRACIENCIA é un concurso de relatos de inspiración científica. É unha iniciativa que relaciona ciencia e escritura dun xeito lúdico e participativo. A ciencia e a literatura recorren á creatividade para encarar novos retos. Combinalas pode xerar novas e frescas ideas en direccións imprevisibles. Inspiraciencia pretende ser un espazo aberto a todo o mundo onde pensar e imaxinar a ciencia, dende a ficción.
Inspiraciencia é un proxecto da Unidade de Cultura Científica da Delegación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Cataluña e o Instituto de Ciencia de Materiais de Barcelona (CSIC) e no que colaboran, entre outras entidades, a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) e que ten o apoio doutras como a Vicepresidencia Adxunta de Cultura Científica do CSIC, Bibliotecas de Barcelona, Rede de Bibliotecas da Deputación de Barcelona, Escola d’Escriptura de l’Ateneu Barcelonès, Escuela de Escritores, Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a Editorial Galaxia.
Podes consultar as bases na ligazón á dereita destas liñas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email