O venres 24 de xuño, celebrarase, ás 13 h, na Fira d l’Edició Independent 2022 de Valencia, unha mesa redonda sobre a Economía social no mundo da edición.

Na mesma, participará Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia, e Pedro Medina (Fandogamia Editorial).

A Fira d l’Edició Independent é un espazo integrador do comercio do libro onde poden ter cabida librerías, editoriais e a autoedición ilustrada de calquera procedencia e ámbito lingüístico. É unha oportunidade para dar visibilidade e valor á literatura e a edición independente que moitas veces non son o suficientemente accesibles dentro dos circuítos convencionais.

Celebrarase dende o 24 ata o 26 de xuño, en horario de 11 h a 21 h, na Esplanada Veles e Vents, na Marina de Valencia.

Está organizada pola Associació d’Editorials del País Valencià, Ajuntament de València, coa colaboración da Associació de Professionals de la Il.lustració Valenciana, Associació València Capital del Disseny, La Marina de València, Generalitat Valenciana, Ministeri de Cultura i Esport.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR