Convócase o XVI Premio de Narrativa Breve Repsol

Categoría: Premio

A Fundación Repsol, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, no desexo de contribuír ao desenvolvemento da literatura galega, convoca a edición anual do Premio de Narrativa Breve Repsol, que se rexerá polas seguintes bases:
1. A este premio poderán concorrer todos os autores e autoras que o desexen, excepto a persoa gañadora da edición anterior, cunha novela curta escrita en lingua galega, conforme a normativa establecida pola Real Academia Galega.
2. As novelas, que serán orixinais e inéditas en todos os formatos, terán unha extensión non inferior a 50 folios nin superior a 120. Cada folio estará mecanografado a dobre espazo, a razón de entre 28 e 32 liñas, de 60 a 70 caracteres por liña como termo medio no conxunto da novela presentada. Con carácter xeral, a extensión mínima e máxima de cada novela virá determinada polos valores de folios, liñas e caracteres antes explicitados. Os autores deberán facer constar na última páxina anexa o número total de caracteres con espazos do seu orixinal.
3. Presentaranse seis copias encadernadas de cada orixinal. En cada unha das copias figurará o título da novela e o seu lema. Ademais, acompañarase un sobre pechado no que figurará a citado lema e, no seu interior, o nome, enderezo, números de teléfono fixo/móbil do autor ou autora e recensión biográfica recente.
4. As novelas enviaranse antes do 31 de xullo de 2022, facendo constar no sobre Premio de Narrativa Breve Repsol, ao seguinte enderezo:

Refinería Repsol A Coruña

Apartado de correos 700

15080 A Coruña

5. Achegarase aos orixinais, nun sobre pechado, unha declaración xurada asinada polo autor ou autora onde declare a súa autoría sobre a novela, así como a súa orixinalidade. A non inclusión da devandita declaración xunto coa novela será motivo para que a novela en cuestión sexa excluída automaticamente, se considere non remitida e non presentada, e se destrúa.
6. Establécese un único premio dotado con DOCE MIL EUROS (12.000,00€). Esta cantidade estará suxeita á retención a conta do IRPF que legalmente corresponda.
7. O premio poderá declararse deserto sempre que o xurado considere que as novelas presentadas non reúnen a calidade suficiente.
8. A contía do premio inclúe a adquisición dos dereitos de explotación da primeira edición en galego de ata un máximo de 1.500 exemplares do texto ganador. Estes dereitos corresponderanlle en exclusiva á Fundación Repsol. A novela premiada será publicada pola Editorial Galaxia segundo o contrato de edición asinado para o efecto nos termos que acorden a Fundación Repsol e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. En todas as edicións que se realicen se fará constar o nome de Premio de Narrativa Breve Repsol 2022.
9. O xurado estará composto por:
− Unha persoa nomeada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística
− Unha persoa nomeada pola Fundación Repsol
− Unha persoa nomeada pola Real Academia Galega
− Unha persoa nomeada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega
− Unha persoa nomeada pola Editorial Galaxia
A decisión do xurado será inapelable e farase pública no mes de setembro do ano 2022.
10. A entrega do premio terá lugar nun acto público que se levará a cabo na cidade da Coruña. Salvo por razóns de forza maior, a persoa gañadora deberá estar presente no acto de entrega do premio.
11. Os orixinais non premiados serán devoltos, sempre que os autores ou autoras así o soliciten por escrito, no prazo máximo de dous (2) meses a partir da data en que se faga pública a resolución do xurado. Os orixinais que non se retiren serán destruídos.

12. A participación no Premio de Narrativa Breve Repsol é voluntaria. A continuación atoparás información básica sobre como trataremos os teus datos de carácter persoal polo feito de participar nesta acción:
13. A participación no premio supón que o participante gañador autoriza expresamente que a Fundación Repsol poida facer difusión, en calquera medio de comunicación interno e/ou externo que estime oportuno, así como nas redes sociais nas que se desenvolva o premio, dos seus datos persoais consistentes no seu nome e apelidos coa exclusiva finalidade de divulgar o premio. Todo iso dentro da política detransparencia á que se atopa comprometida a Fundación Repsol e mesmo antes de que se produza a aceptación formal do premio ou no suposto de confirmarse que o participante non cumpre co resto de condicións impostas nas bases e perdese, consecuentemente, o dereito ao premio. A difusión e/ou publicación do seu nome como ganador non xerará ningún dereito ao seu favor para a adxudicación do premio se o participante non cumpre co resto de condicións recollidas nas bases, así que perderá o dereito ao premio, a pesar de calquera publicación.

14. O autor ou autora premiado comprométese a cederlle os dereitos de explotación da súa novela á Fundación Repsol de forma inmediata tras ser premiado e, en exclusiva, con alcance territorial delimitado a España e por unha duración de cinco (5) anos coa finalidade de facela accesible ao público. O autor sempre será recoñecido como autor da novela; este é un dereito irrenunciable e intransmisible.
Especificamente a cesión dos dereitos de explotación a favor da Fundación Repsol incluirá os dereitos de reprodución, distribución e comunicación pública da novela en calquera formato existente, así como a través de todos os medios de comunicación en liña ou fóra de liña que sexan necesarios para a correcta promoción da novela.
15. Nos aspectos non establecidos nestas bases ou naqueles que puidesen ser obxecto de interpretación, a decisión corresponderalles ás entidades organizadoras, as cales, unha vez consultados os membros do xurado, emitirán un ditame que será inapelable.
16. A participación na convocatoria do Premio Narrativa Breve Repsol 2022 implica a aceptación destas bases.

Comparte nas túas redes sociais ou por email