Conta atrás para o IBBY en Compostela 2010

Categoría: Nova

Durante a Feira de Bolonia, presentouse o 32 Congreso Internacional do IBBY, que vai celebrarse en Santiago entre o 8 e o 12 de setembro de 2010 baixo do lema "A forza das minorías". O responsable desta cita fundamental sobre a Literatura Infantil e Xuvenil mundial é o escritor, e director das coleccións Costa Oeste e Árbore de Galaxia, Xosé A. Neira Cruz.
A presentación na feira italiana foi seguida con grande interese. Neira Cruz suliñou a importancia da cita e detallou a nutrida programación do evento que contempla, ademais das conferencias de diferentes expertos nos asuntos da LIX, seminarios, mesas redondas, obradoiros, encontros profesionais, así como unha ampla gama de actividades que completan un vizoso e completo programa.
Na páxina web do Congreso pode realizarse a inscrición.
Sen dúbida, outra boa nova para a literatura de nós.

Comparte nas túas redes sociais ou por email