Concertos de Mamá Cabra e María Fumaça

Categoría: Nova

Como xa informamos hai días, a Editorial Galaxia organiza unha serie de concertos de música infantil protagonizados por dous grupos musicais que recentemente publicaron libro-disco-dvd na nosa editorial. Referímonos a Mamá Cabra, que ven de presentar o seu terceiro traballo en Galaxia, 'Bicos de Música' e, por outra banda, María Fumaça, orixinal familia musical que dende hai un par de semanas percorre tamén o país coa súa locomotora chea de alegría.
Agora é o tempo de subir ao escenario, cousa que fará Mamá Cabra, mañá xoves ás 18 horas no Auditorio do Concello de Cangas. E, á mesma hora, pero no Salón Teatro de Santiago, principiará o espectáculo de María Fumaça.
Dúas interesantes propostas para encher o lecer infantil de música, baile e, sobre todo, de alegría para rematar o ano.

Comparte nas túas redes sociais ou por email