Adeus a Ceferino Díaz

Categoría: Nova

O pasado 23 de decembro deixounos Ceferino Díaz (Escairón. O Saviñao, 1947), figura sobranceira do galeguismo socialista, autor da nosa editorial. En decembro de 2007 publicamos na colección memoria "A esforzada conquista da autonomía, 1979-1981. Unha ollada dende o socialismo galego", que viña ser unha crónica persoal, moi documentada, sobre o proceso automómico que se abre a partir da Constitución Española de 1978 e que culmina no plebiscito de decembro de 1980 e a constitución do primeiro parlamento de Galicia nos primeiros días de 1981. Para o autor, os socialistas galegos, organizados arredor do PSdeG-PSOE, constituiron unha forza política fundamental nese proceso.
Ceferino Díaz era, ademais, amigo de moitos de nós, especialmente querido por moita xente, estivese de acordo ou non coas súas formulacións políticas. Descanse en paz.

Comparte nas túas redes sociais ou por email