Concerto "Lucecús" de Pirilampo na Coruña

Categoría: Nova

O grupo coruñés Pirilampo actuará hoxe na casa, concretamente na Biblioteca Municipal de Monte Alto ás 18.30 h.
Os membros de Pirilampo centrarán a súa actuación, que tantos éxitos está a colleitar por todo o país, nos temas presentes no seu libro-disco, publicado este ano na nosa colección Sonárbore, 'Lucecús' e que ilustrou Federico Fernández.
Este é o terceiro traballo de Pirilampo, e desta volta ofrécennos dez temas nos que os sons tradicionais marcan o ton. Xogos de voces, frauta, acordeón, guitarra, percusión, batería, baixo e gaita arroupan cancións de berce sobre Pedro Chosco, un tema sobre o Apalpador, outro sobre bruxas ou o que ten o Tío Nicanor e os seus animais como protagonistas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email