Concerto de MARÍA FUMAÇA en Lugo

Categoría: Nova

Dentro do programa Cultura Aberta da Deputación de Lugo, o tren de María Fumaça chega á cidade das murallas.
María Fumaça' é un espectáculo musical que nace a partir do libro-disco-dvd 'María Fumaça. Cantar y bailar para ser más feliz', editado por Galaxia. Recoñecidos nomes da música e o teatro galegos como Uxía, Magín Blanco, Sergio Tannus, Serginho Sales, Carlos Blanco, Isaac Palacín e Tanxarina, entre outros, uníronse para interpretar os máis de vinte temas do disco e xuntos desenvolven, así mesmo, a súa versión escénica como celebración da alegría de vivir.
A música, a luz e as situacións cómicas teñen un gran protagonismo neste espectáculo, no que o público participa moi activamente cantando e bailando as sinxelas coreografías e temas de María Fumaça.

Comparte nas túas redes sociais ou por email