Concerto de MARÍA FUMAÇA en Cangas

Categoría: Nova

María Fumaça estará no Auditorio de Cangas o sábado 29 de decembro, ás 18,00 horas. María Fumaça é unha locomotora moi especial que percorre as nosas paisaxes espallando boa música, ilusión e alegría ao su paso.
María Fumaça nace como unha idea de Uxía Senlle para agasallar a Ruí, o seu afillado, un neno marabilloso que ten unha discapacidade. Dende hai anos, polo nadal, unha morea de artistas amigos xuntábanse na casa de Ruí para agasallarlle as súas cancións, a súa alegría e para facer entre todos esta gran festa da vida que é María Fumaça. Tamén móstrannos a todos que a diferenza, vivida con normalidade, amplía os nosos horizontes e fai o noso mundo máis grande.
E cun proxecto tan integrador coma este, non podíamos esquecer que en Cangas existe unha asociación de nais e país de nenos e nenas con discapacidade, chamada ASPAMSIN, que fai un gran traballo a prol da integración todos os días do ano. Por iso falamos con eles e convidámolos a participar en María Fumaça. Convite que eles aceptaron encantados.
A Editorial Galaxia convida a asistir ao espectáculo a todos os rapaces da asociación e tamén nos comprometemos a facer unha doazón económica: por cada libro de María Fumaça que vendamos no concerto, a Editorial Galaxia destinará 3 euros a fins sociais.
Tamén contamos coa colaboración doutra institución moi importante para todos nós: o Conservatorio de Cangas, que promete algunha sorpresa durante o espectáculo.
ESPERÁMOSVOS A TODOS E TODAS NO AUDITORIO!!!

Comparte nas túas redes sociais ou por email