Comeza o Obradoiro Literario da Escola de Letras, con Inma López Silva

Categoría: Nova

Onte deu comezo o Obradoiro Literario da Escola de Letras, que se celebraría na cidade de Vigo, con Inma López Silva. Esta é unha iniciativa da Deputación de Pontevedra e da Editorial Galaxia.
Dadas as circunstancias actuais, todo o curso celebrarase de maneira telemática, dende o día 2 de novembro ata o 21 de decembro. O curso contará con diferentes sesións (2, 9, 16, 23 e 30 de novembro, 9, 14, 21 de decembro), en horario de 19:30 h a 21:30 h.
No acto de inicio do curso, contamos coa presidenta da Deputación, Carmela Silva, e co Director Xeral de Galaxia, Francisco Castro.

Comparte nas túas redes sociais ou por email