Comezou o Obradoiro da Escola de Letras, con Inma López Silva, de Pontevedra

Categoría: Nova

Onte deu comezo o segundo Obradoiro Literario da Escola de Letras, que tería lugar na cidade de Pontevedra, con Inma López Silva. Trátase dunha iniciativa da Deputación de Pontevedra e da Editorial Galaxia, que ofrece a oportunidade, a moitas e moitos amantes da escrita, de cultivar a súa paixón.
Dadas as circunstancias actuais, todo o curso celebrarase de maneira telemática, dende o 3 de novembro ata o 22 de decembro. O curso constará con diferentes sesións (3, 10, 17 e 24 de novembro, 1, 10, 15 e 22 de decembro), en horario de 19:30 h a 21:30 h.
No acto de inicio do curso, contamos co Director Xeral de Galaxia, Francisco Castro.

Comparte nas túas redes sociais ou por email