Cincuenta anos despois de Hemingway

Categoría: Nova

No pasado mes de xullo conmemorouse o medio século do pasamento do escritor, premio Nobel de literatura, Ernst Hemingway, autor de 'O vello e o mar' que Carlos Casares traduciu e publicou en Galaxia no ano 1998.
Medio século despois sigue impresionándonos esa historia do vello e canso mariñeiro que, convencido de que a vida xa non lle pode dar nada, empezóñase nunha loita a vida e morte cun gran peixe que, en realidade, representa o instinto da vida por non fenecer.
Nun intre no que a tradución de grandes clásicos, doutros tempos ou contemporáneos, é unha práctica habitual na nosa editorial, aquela tradución de Casares tivo unha importancia crucial no proceso de normalización editorial da nosa cultura e linguas.
A efeméride representa unha oportunidade máis que boa para lembrar aquel fito e a un autor que fixo da literatura, vida, e da vida, un exercicio de estilo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email