Chus Pato e a tradución galega do 'Ulises' recibiron o Premio Irmandade do Libro

Categoría: Nova

O pasado sábado, en Rianxo, a Federación de Libreiros de Galicia entregou os seus tradicionais premios Irmandade do Libro que recolle o máis salientable, dentro da produción editorial do ano pasado, a xuízo dos profesionais do sector das librerías de Galicia.
A escritora Chus Pato recibiu o premio como Autora do Ano mentres que a tradución galega do 'Ulises' de James Joyce, recibiuno na categoría de Tradución, sumando así un galardón máis aos moitos que está a recibir dende o instante da súa publicación no pasado mes de decembro.
Unha boa colleita para a nosa editorial, feliz destes dous recoñecementos por parte desa gran familia aliada que son os libreiros e libreiras de Galicia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email