A nómina de gañadores na vixésimosegunda edición dos premios Irmandade do Libro coñecerase o vindeiro sábado. Mais onte, a Federación de Libreiros de Galicia ofreceu un adianto importante e anunciou que a ourensá Chus Pato foi elixida a autora do ano 2013.
O xurado destacou «a súa impecable traxectoria literaria, a singularidade e a calidade da súa obra poética». Nunha rolda de prensa que contou coa asistencia da presidenta da Federación de Libreiros, Pilar Rodríguez, e do vicepresidente, Xosé Antón Pedreira, presentouse tamén o programa de actos que se levará a cabo o sábado, a partir das 17.30 horas, coincidindo coa entrega das distincións. Haberá unha visita aos museos da vila e actuacións musicais e humorísticas a cargo, entre outros, da actriz Isabel Risco, que darán paso á gala en si, que contará coa presenza do conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR