“Cerebro en modo ON”: o cerebro tamén se aprende

Sonia Villapol achéganos á neurociencia cun libro rigoroso, accesible e pensado para a cativada. Como nacen as emocións? Por que lembramos unhas cousas e esquecemos outras? Que sucede no cerebro mentres durmimos? Podemos fortalecelo e coidar mellor da nosa saúde mental? Cerebro en modo ON, de Sonia Villapol, con ilustracións de Diego Estebo, responde a […]

Hoxe celebramos o Día Nacional de Galicia

Cada 25 de xullo celebramos Galicia; a nosa lingua, a nosa cultura e unha maneira propia de entender e contar o mundo. Tal día coma hoxe, no ano 1950, nacía tamén Editorial Galaxia. No bodegón do hotel Compostela, en Santiago, un grupo de persoas reuníase arredor dun propósito común: recuperar, defender e proxectar cara ao […]

“O amor, o odio, e a ignorancia”, unha conversa para pensar os malestares do noso tempo

Editorial Galaxia publica O amor, o odio, e a ignorancia. Conversa con Carlos Callón, un libro no que o psicanalista Manuel Fernández Blanco reflexiona, nunha linguaxe próxima, sobre algunhas das principais cuestións e desafíos da sociedade actual. A proposta parte dunha conversa impulsada polo profesor, investigador e escritor Carlos Callón, quen convida a Fernández Blanco […]

“Nailía”, de Loli Rodríguez, gaña o Premio Trevo de Narrativa en Galego 2026

A novela Nailía, de Loli Rodríguez Rodríguez, foi recoñecida co Premio Trevo de Narrativa en Galego 2026. O xurado reuniuse o pasado 19 de xullo en Santiago de Compostela para realizar a votación final entre as cinco obras seleccionadas como as máis destacadas da produción narrativa galega de 2025. As finalistas foran escollidas entre un […]

O fútbol tamén se le: seis libros de Galaxia para vivir a paixón polo balón

Nun momento histórico para o fútbol coa celebración do Mundial, en Galaxia propoñemos vivir tamén esta paixón a través dos libros. Cando xogar tamén é un acto de liberdade Fóra de xogo, de José Luís Baños de Cos En Kabul, Zainab, unha nena de dez anos, xoga ao fútbol ás agachadas despois das clases. Nese […]