Traducións de "Ollos de auga"

Domingo Villar traballa nunha nova aventura do seu personaxe, o inspector Caldas, de tan boa acollida na súa primeira entrega. Desta vez a acción seica se desenvolve en Panxón, arredor do mundo da pesca e os seus negocios, as súas intrigas e o seu ambiente característico: un universo dentro do universo.
Primavera en Trasalba

A cor amarela preside unha boa parte desta pintura de Virxilio, que se ofrece aos visitantes ata o próximo 1 de setembro. Segundo Otero Pedrayo, a cor amarela é a cor de Ourense, moi especialmente nesta época: a cor das mimosas (que aquí chaman acacias) e das xestas, a cor da flor do toxo e […]
Unha empresa sen precedentes

Isaac Díaz Pardo, Antón Mascato e Víctor F. Freixanes salientaron diante dos medios de comunicación as características da obra, resultado de máis de cinco anos de traballo e un importante esforzo de colaboración entre as tres empresas editoras: 45.000 biografías, topónimos e nomes propios; 4.500 fotografías a color; 850 planos e mapas; 425 debuxos e […]
Un diagnóstico da situación

Na Escola de Administración Pública Galega, nun acto presidido polo conselleiro de Presidencia, Xosé Luís Méndez Romeu, os xornalistas tiveron oportunidade de debatir cos autores algúns dos puntos críticos da actual situación económica de Galicia, nun animado cambio de impresións que se prolongou durante case dúas horas. "A realidade da economía galega necesita ser rescrita […]
Ceferino
Presentación do Premio Repsol de narrativa breve

Miguel Sande procede da poesía e do teatro. Esta é a súa primeira incursión na narrativa de ficción. Incursión con éxito. Se algún día unha muller morta, que recibiu o Premio REPSOL de Narrativa Breve na súa primeira edición, está a obter unha excelente acollida tanto de crítica coma de público. No Kiosco Alfonso da […]
Galaxia e a Fundación Casares

Editorial Galaxia e a Fundación Carlos Casares queren poñer a disposición dos lectores as palabras pronunciadas nos III Encontros de Mondariz-Balneario, que tiveron lugar en setembro do ano 2005. A finalidade destes encontros é a de reunir xentes de distintas procedencias ideolóxicas e profesionais para discutir temas políticos e culturais de transcendencia internacional, nun ambiente […]
Entrega dos Premios Frei Martín Sarmiento