Traducións de "Ollos de auga"

Domingo Villar traballa nunha nova aventura do seu personaxe, o inspector Caldas, de tan boa acollida na súa primeira entrega. Desta vez a acción seica se desenvolve en Panxón, arredor do mundo da pesca e os seus negocios, as súas intrigas e o seu ambiente característico: un universo dentro do universo.
Primavera en Trasalba

A cor amarela preside unha boa parte desta pintura de Virxilio, que se ofrece aos visitantes ata o próximo 1 de setembro. Segundo Otero Pedrayo, a cor amarela é a cor de Ourense, moi especialmente nesta época: a cor das mimosas (que aquí chaman acacias) e das xestas, a cor da flor do toxo e […]
Nova York na Feira da Coruña

En pouco de tempo, Editorial Galaxia vén de editar tres libros nos que a cidade dos rañaceos está presente ou serve de pano de fondo de diferentes historias: Brooklyn Follies de Paul Auster, Xelamonite de Luis Paradelo e agora New York, New York de Inma López Silva. Tres relatos nos que a gran cidade aparece […]
Lectura pública. Un dereito da cidadanía

Galicia segue a ocupar os postos máis baixos respecto de índices de lectura e usos bibliotecarios. Aínda que algo se ten mellorado e a nova administración da Xunta anuncia programas de activación e investimentos económicos, as bibliotecas seguen sendo unha asignatura pendente na nosa estratrexia cultural. O informe elaborado por Hilario Hernández, da Fundación Germán […]
Galaxia e Xerais presentan xuntas os últimos libros de Alonso Montero

Os escritores galegos ante a guerra civil española, 1936-1939 (Galaxia) e Intelectuais marxistas e militantes comunistas en Galicia, 1926-2006 (Xerais) son os títulos dos dous libros, que en certa maneira se complementan, segundo explicou o autor na presentación en Santiago de Compostela. "Trátase dunha análise metódica, crítica e rigorosa do papel dos intelectuais galegos e […]
A policía franquista informa sobre Voces Ceibes

O texto, asinado na Coruña o 15 de xaneiro de 1970, vai dirixido á Dirección General de Seguridad en Madrid, ao gobernador da provincia e á Comisaría General de Investigación Social. Nel dase conta do nacemento e das primeiras manifestacións dos compoñentes de Voces Ceibes, que como tal grupo se presentara por primeira vez na […]
Eva Almazán e Rodríguez Baixeras, premiados pola Asociación de Escritores en Lingua Galega

En Santiago de Compostela, nunha cea literaria ben concorrida, entregáronse os devanditos premios, resultado das sucesivas votacións realizadas polos asociados na AELG. No apartado de tradución foi elixido o traballo de Eva Almazán: Brooklyn Follies de Paul Auster. Entre os finalistas salientou a tradución de Molloy de Samuel Becket (Clásicos Universais), realizada por Anxo Rei […]
Europa e a Xeración Nós

O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, inaugurou en Santiago de Compostela (Museo do Pobo Galego) e na Casa Grande de Cimadevila (Trasalba), sede da Fundación Otero Pedrayo, as conmemoracións do Día de Europa cunha homenaxe á memoria histórica e á significación europeísta da Xeración Nós. Trátase dunha viaxe histórica polos sinais de […]