Outono de traducións

Entre as novidades figura Camposanto, libro póstumo do escritor alemán W. G. Sebald, un dos autores máis prestixiosos da literatura alemana contemporánea, falecido en accidente de coche no ano 2001. Ademais, dentro da Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, anúncianse 3 novidades: O castelo branco, primeira novela do Premio Nobel Orhan Pamuk traducida para o galego, […]
Rábade Paredes presenta o Premio Blanco Amor 2006

Mentres a herba medra, de Xesús Rábade Paredes (Seixas-Cospeito, Lugo, 1949) é o XXV Premio Blanco Amor, prestixioso galardón que en 1981 gañou por primeira vez A vila asulagada de Daniel Cortezón e que, ao longo deste cuarto de século, reúne algúns dos nomes máis significativos da novelística galega contemporánea. O Premio Blanco Amor é, […]
Editorial Galaxia e EL PAIS prantan 22 árbores

A iniciativa nace da colaboración entre a edición galega do xornal e Editorial Galaxia, a prol da difusión masiva de títulos de literatura dirixidos aos lectores máis novos, co patrocinio de Caixanova e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. A colección Árbore, que dirixe o escritor Xosé Antonio Neira Cruz, dispón dunha tipoloxía específica para […]
Exposición-Homenaxe a Xohán Ledo

Co patrocinio da Consellaría de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia, o Xacobeo e o Ministerio de Cultura, e mais coa colaboración do Concello de Vigo (Concellería de Cultura) e a Fundación Caixa Galicia, presentamos a vida e a obra dun dos grandes creadores da edición despois da guerra civil, moi principalmente dende os […]
Primeira mesa redonda do ciclo "As caras do libro"

Este ciclo de mesas redondas é unha actividade complementaria á exposición de homenaxe a Ricardo García Suárez, Xohán Ledo, aberta dende o pasado día 20 no Museo Municipal de Vigo ‘Quiñones de León’, no Pazo de Castrelos, que poderá ser visitada ata o 20 de xaneiro do vindeiro ano. Ambos eventos están organizados por Editorial […]
Cea literaria "García Barros"

Os novelistas Xerardo AgraFoxo, Alfonso Álvarez Cáccamo, Francisco Castro, Manuel Darriba, Jaureguizar, Xosé Monteagudo, Antón Riveiro Coello, Séchu Sende e Anxos Sumai, na compaña do crítico literario Xosé Manuel Eyré e mais dos editores Víctor F. Freixanes e Carlos Lema, que se encargou de conducir o debate, mantiveron un coloquio sobre "Ficción e verosemellanza: da […]
Anxos Sumai e Séchu Sende, premiados na Noite da Edición

Arredor de trescentas persoas participaron na velada, na que se homenaxeou de xeito especial a tres editoras galegas que cumpren anos nestas datas: Biblioteca Gallega, de La Voz de Galicia, Editorial Alvarellos e A Nosa Terra. A cea literaria celebrouse na Casa dos Peixes, na cidade da Coruña. Ademais destes galardóns, concedéronse premios a Xavier […]
Fallo do Premio Ramón Piñeiro 2007

O ensaio premiado nesta sétima edición do Premio Ramón Piñeiro, que está dotado con 6.000 euros e ha ser publicado por Editorial Galaxia o próximo ano, aborda o tema da paisaxe e a súa estreita relación coa cuestión identitaria, fundamental no caso da sociedade e da cultura galegas. María López Sández, que é doutora en […]