Pierre Michon, Gran Premio da Academia Francesa

O escritor Pierre Michon, un dos escritores xa míticos da narrativa francesa actual, acaba de ser galardoado co gran premio de novela da Academia Francesa pola súa nova novela 'Os once', que Editorial Galaxia porá á venda a mediados do próximo mes de novembro dentro da colección Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, que conta co […]

Bolboleta sira-nia nanál

Se hai unhas semanas celebrabamos que o relato inserido en 'Que me queres, amor?' (Galaxia, 1995), e que tamén é libro de seu na nosa fala e noutras, 'A lingua das bolboretas', aparecía en bretón, hoxe marabillámonos pola saída deste texto en tetún, unha das linguas oficiais en Timor Leste. Baixo do título de 'Bolboleta […]

Xosé Monteagudo, Premio García Barros 2009

O xurado estivo formado polos profesores e críticos literarios Inma Otero Varela e Armando Requeixo, por Luís Alonso Girgado, en representación da Secretaría Xeral de Política Lingüística, Carlos Lema, en representación de Editorial Galaxia, e Valentín García Gómez, secretario do xurado. Os membros do xurado destacaron a orixinalidade da trama da novela, dentro do universo […]

María Rosa Lojo, premio da Hispanidade

O galardón entregaráselle á escritora arxentina de orixe galega, o domingo 11 de outubro no campo "Galicia" de Olivos do Centro Galicia de Buenos Aires . Este recoñecemento pretende valorar o traballo de distintas persoas atendendo aos seus méritos nos distintos ámbitos do seu traballo. Así, empresarios, profesionais e xente da cultura, son recoñecidos cada […]

'A felicidade perfecta' no cine

Estes días chega a todos os cines a fita 'Felicidad perfecta' baseada na novela de Anjel Lertxundi de mesmo nome e que foi publicada na colección Costa Oeste da nosa editorial. O filme está protagonizado pola televisiva Anne Igartiburu e trata da historia dunha moza vasca residente en Barcelona e que tenta superar, con grandes […]

O Gabinete de Ramón Piñeiro na Rede

Antes do verán a Fundación Penzol inauguraba en Vigo unha réplica do gabinete de Ramón Piñeiro. Para os que tiveron a fortuna de gozar do maxisterio socrático na casa compostelana do filósofo de Láncara, o realismo e o coidado no detalle da reconstrución resultou realmente asombrosa. O gabinete está situado na Casa Galega da Cultura, […]

Dous novos recoñecementos para Domingo Villar

O escritor galego Domingo Villar é o único escritor do estado español convidadi á XII edición do Prime time Crime Time, Festival de Novela Negra que se celebra en Bremen. O autor de 'A praia dos afogados' manterá un encontro cos lectores e haberá unha lectura da súa primeira novela, 'Ollos de auga' o 19 […]

Ez ezkondu, aita!

O libro de Fina Casalderrey, 'Prohibido casar, papá!' publicado pola nosa editorial aló por 1996, e que vén conseguindo sucesivas reedicións entre o público galego dende aquela, ve agora a luz en éuscaro a través da editorial Elkar. Aínda que xa é un feliz costume ver como cada día máis e máis autoras e autores […]