No aniversario de Rosalía de Castro

Onte estivo de aniversario Rosalía de Castro, o que quere dicir que, dalgunha maneira, todos o estamos. O noso Rexurdimento literario arranca con ela, cos seus versos na lingua nosa que, a día de hoxe, siguen máis vivos ca nunca. A poesía de Rosalía de Castro sempre foi, pero hoxe tamén, un exemplo de completa […]

O CCG súmase ás críticas ao Decreto

O Consello da Cultura Galega vén de pronunciarse en contra das Bases para o Decreto de Plurilingüismo que a Xunta de Galicia está a someter a consultas entre distintos sectores da vida social, sindical e educativa. Había moito tempo que a sociedade galega non se activaba arredor do idioma coma nos últimos tempos, logo da […]

Presentación de JAN ESTIVO ALÍ en Ferrol

Hoxe, o escritor Xosé A. Neira Cruz presentará, acompañado do director xeral de Galaxia Víctor F. Freixanes e o ilustrador David Soler, o seu novo libro Jan estivo alí co que, ademais, a nosa editorial inicia unha nova colección: Árbore Arte. Estamos diante dun libro de gran formato, no que arte e literatura van da […]

David Pintor, seleccionado para a Feira de Bolonia

O ilustrador David Pintor ven de ser seleccionado para participar na vindeira Feira de Bolonia. Para a gran familia que é Galaxia este é un motivo máis de ledicia que, dende aquí, queremos compartir ao tempo que felicitamos de corazón este novo logro dun artista que está chamado a seguir sorprendéndonos cada día máis. Para […]

Galegos na Arxentina

Dende que Alberto Vilanova publicou en 1966 Los Gallegos en la Argentina (Edicións Galicia), achega en dous volumes á presenza histórica de galegos e descendentes de galegos á construción da república austral, algo choveu. Nos anos 40 do pasado século calculábase en case medio millón de galegos só na cidade de Buenos Aires, bastante máis […]

RAMÓN CABANILLAS na Coruña

Coincidindo co medio século do pasamento do poeta Ramón Cabanillas, Editorial Galaxia, a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Consello Regulador D. O. Rías Baixas e o Concello da Coruña organizan esta exposición que percorre a figura e a obra de Ramón Cabanillas e que xa […]

O Salón do Libro homenaxea a Agustín Fernández Paz

Do 7 de febreiro ao 14 de marzo desenvolverase en Pontevedra a nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil, que lle renderá homenaxe ao escritor vilalbés Agustín Fernández Paz. No acto, que terá lugar o 13 de marzo no Auditorio do Pazo, intervirá o escritor Xabier P. Docampo e actuarán os músicos Mini […]

A fotografía de Blanco Amor chega a Poio

A exposición A OLLADA DO DESEXO. Obra fotográfica 1933-1973 , que reúne boa parte das fotografías realizadas por Eduardo Blanco Amor, poderase visitar dende mañá e ata o 3 de marzo no Casal de Ferreirós. O acto de inauguración terá lugar hoxe martes, ás 20.30 h, e contará coas intervencións de Silvia Díaz Iglesias, concelleira […]