Contoplanet supera as 7000 descargas

A experiencia pioneira dentro do mundo editorial galego, Contoplanet, que permite a calquera persoa do mundo, a través da tenda App. Store mercar contos en galego, castelán e inglés do catálogo de Editorial Galaxia, superou xa as 7000 descargas. Contoplanet, que xa foi merecente de varios premios EGANET e que foi incluso finalista dos Mestre […]

Un libro de texto interactivo e multimedia

Veñen de sair do prelo e veñen cheos de novidades os libros de texto de 1º e 3º da ESO da materia de Lingua e Literatura Galega. Ademais da xa clásica proposta de Galaxia de presentación dos contidos como se fosen unha pizarra, para que o alumnado aproveite a dobre páxina e non perda nunca […]

Miro Villar e Xosé Carlos Caneiro publican dous novos títulos infantís

O mes das letras remata coa publicación de dous novos álbumes, en formato pequeno, da autoría de Miro Villar e Xosé Carlos Caneiro, autor que debuta como autor para este chanzo de idade. Nos próximos días chegarán ás librerías de todo o país 'A cobiza do verme Noel', de Miro Villar e 'O raposo Colabranca' […]

Novidades na redacción de GRIAL

A escritora e catedrática de didáctica da ciencia, Marilar Aleixandre, e o xornalista e profesor de comunicación da Universidade de Santiago, Francisco Campos, veñen de incorporarse ao consello de redacción da revista GRIAL, que se enriquece deste xeito con novas liñas de traballo. Marilar Aleixandre (Madrid, 1947) ten un amplo e celebrado currículo como escritora, […]

Redescubrir ÁRTICO

Primeiro libro de Xavier Queipo e Premio da Crítica española en 1991, Editorial Galaxia publica unha nova edición, revisada e ampliada, de 'Ártico 2.0'. O libro de relatos co que se deu a coñecer o autor de 'Malaria sentimental' retorna ás mans de lectores e lectoras nunha nova versión que provoca unha nova lectura: a […]

COCIÑANDO AO PÉ DA LETRA

Estes días está chegando ás librerías de todo o país o libro 'Cociñando ao pé da letra', un volume singular que está chamado a sorprender dende moitos puntos de vista a aqueles que se acheguen a el. O libro, coordinado por Yolanda Castaño e co traballo fotográfico de Andrea Costas, reúne a 21 escritoras e […]

'Cociñar e escribir teñen moito que ver'

Se onte conversabamos coa fotógrafa de 'Cociñando ao pé da letra', Andrea Costas, hoxe toca falar con Yolanda Castaño, editora literaria do libro e autora dos textos de presentación de cada un dos escritores-cociñeiros que participan. -¿Cómo naceu a idea deste libro? Naceu coa idea de trocar a imaxe tradicional que tiñamos dos escritores e […]

Entramos na literatura galega ata a cociña

Onte o Casino de Santiago encheuse de amigos da literatura galega e das autoras, Yolanda Castaño e Andrea Costas, para acompañalas na primeira presentación pública deste fermoso volume. Ademais delas interviron no acto Xabier P. Docampo e Anxos Sumai en representación dos escritores e escritoras que cociñan no libro, e o editor Francisco Castro. Foi […]