Lecturas para o novo ano

Autores como Domingo Villar verán publicadas a súa nova obra, 'Cruces de pedra' nestes primeiros meses deste 2012 que vén cargado de páxinas interesantes. Será polo mes de Abril cando os seguidores de Leo Caldas poderán asistir ás pesquisas do detective vigués nun novo enigma a desentrañar. Deste xeito, a exitosa saga que comezou en […]

Pensando nos lectores máis novos

Tempo para regalar e tempo para regalarnos coa lectura e o agarimo dos bos libros. Tempo para compartilos coas persoas que máis queremos, nestes días de (relativas) vacacións. Os máis pequenos mandan. E na demanda das librerías nótase. Dúas propostas de Editorial Galaxia para estes datas están a recibir especial aceptación: 'Xa me tardan estes […]

Booktrailer do libro CRIATURAS. SÓ LLES FALTA FALAR!

Hoxe deixámosche, para que vexas o interesante que é o o ben que quedou, o booktrailer do libro CRIATURAS. SÓ LLES FALTA FALAR! que a nosa editorial vén de publicar e que recolle as historias máis asombrosas das que nos conta o exitoso programa da TVG, producido por Pórtico, 'Criaturas'. O libro é da autoría […]

Queridos Reis Magos: queremos mil primaveras máis

Esta noite os Reis Magos de Oriente visitarán as casas dos nenos e nenas do noso país. Despois de ler as misivas recibidas traballarán arreo para compracer as peticións de tanta rapazada boa e responsable. Nós tamén queremos facer a nosa petición. E facémolo unha vez que encetamos o novo ano e xa deixamos atrás […]

Morreu Isaac

O deseñador, ceramista, editor e empresario permanecía ingresado nun hospital de Compostela desde o día 22, e faleceu sobre as 8:30 horas de hoxe. Díaz Pardo, nacera en Santiago en 1920 e foi un dos referentes indiscutibles da cultura galega. Co seu falecemento remata unha das traxectorias vitais máis importantes para entendermos o galeguismo e […]

Faleceu Isaac Diaz Pardo (1920-2012)

Deixounos Isaac. Paseniñamente, coa discreción que a caracterizou sempre, vaise unha xeración: a xeración dos grandes, iso que nos libros denominamos "galeguismo histórico" e que vén ser a xeración dos maiores, o discurso (e o exemplo) dos pais, que nos fixeron como agora somos. Isaac Díaz Pardo (1920-2012) pertence á xeración dos mozos que viviron […]

Galicia despediu a Isaac Díaz Pardo

Foi unha xornada triste, mais moi emocionante. Triste polo falecemento de Isaac Díaz Pardo (1920-2012). Emocionante pola asistencia masiva de persoas e institucións, que recoñecían en Isaac unha das grandes figuras da cultura galega máis importantes e significativas do pasado século. Primeiro no tanatorio coruñés, despois nas instalacións do Museo do Pobo Galego, do que […]

Queres gañar un exemplar de CRIATURAS?

A editorial Galaxia, en colaboración coa produtora Pórtico Audiovisuais publicou recentemente unha compilación dalgunhas das case catrocentas historias de animais domésticos e salvaxes aparecidas no programa 'Criaturas' que esta produtora fai para a TVG. Puxémoslle como subtítulo o expresivo, 'Só lles falta falar!' . O libro, dirixido ao público infantil, recolle estás historias nun formato […]