Presentación de Criaturas en Santiago

O pasado venres, na Biblioteca Nova 33, presentamos diante dos medios de comunicación, 'Criaturas', o libro que nace a partir das mellores historias protagonizadas por animais e persoas e que se emitiron no programa de mesmo nome da Televisión de Galicia. No acto interviron Rosa Vilas, directora da TVG, Ramón Varela, de Pórtico, Víctor F. […]

AS FIANDEIRAS, de Antonio Piñeiro

O xurado salientou desta obra o seu "intenso, revelador e sutil achegamento á historia dun tempo pasado lexible en clave presente". A novela de Antonio Piñeiro relata un deses recónditos acontecementos que a Historia adoita agachar. Na Estrada, no contexto convulso das insurreccións cantonais de fins do século XIX, ten lugar un triángulo afectivo arredor […]

Rosalía de Castro, unha musa fecunda

O pasado venres celebrouse en Barcelona o seminario Rosalía de Castro. Unha musa fecunda, organizado pola área de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Universidade de Santiago de Compostela, o Centre Dona i Literatura e a área de Estudis Gallecs i Portuguesos da Universitat de Barcelona. A xornada contou coa presenza de investigadoras galegas […]

Entrega do Premio García Barros a Antonio Piñeiro

Este venres será o acto de entrega do prestixioso Premio de Novela Manuel García Barros, ao que a nosa editorial está vencellado, no Teatro Principal da Estrada. Nesta nova edición, o galardoado foi Antonio Piñeiro, autor da novela 'As fiandeiras', novela na que se xoga cos enigmas da historia e as emocións humanas, sen dúbida, […]

Novidades con moita música

Nas últimas semanas a nosa editorial tirou do prelo un mollo de novidades estrictamente musicais (e poéticas, e de lecer) conscientes como somos de que todas as artes son irmás e de que algunhas propostas se complementan mellor se van da man dun pentagrama axeitado. Así, para os máis pequechos, publicamos 'Xa me tardan estes […]

Inauguración en Vigo de NO NIÑO NOVO DO VENTO

A Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, Editorial Galaxia, e Fundación Penzol, coa colaboración do Concello de Vigo, presentan esta exposición conmemorativa do centenario de Álvaro Cunqueiro. A exposición, comisariada por María García Liñeira e Víctor F. Freixanes, está composta por 16 paneis nos que se fai un percorrido pola vida e a obra […]

Presentacións do libro CRIATURAS en Ourense e Vigo

Un dos libros que máis está dando que falar nos últimos tempos é "Criaturas. Só lles falta falar!", vinte e cinco historias de animais e de persoas extraídas e contadas por Rocío González e Alfonso Pato, do programa da TVG do que son guionistas. Nos actos de presentación (venres en Ourense: librería Internacional ás 19 […]

Queridos Reis Magos: queremos mil primaveras máis

Esta noite os Reis Magos de Oriente visitarán as casas dos nenos e nenas do noso país. Despois de ler as misivas recibidas traballarán arreo para compracer as peticións de tanta rapazada boa e responsable. Nós tamén queremos facer a nosa petición. E facémolo unha vez que encetamos o novo ano e xa deixamos atrás […]