Tempo para regalar e tempo para regalarnos coa lectura e o agarimo dos bos libros. Tempo para compartilos coas persoas que máis queremos, nestes días de (relativas) vacacións. Os máis pequenos mandan. E na demanda das librerías nótase. Dúas propostas de Editorial Galaxia para estes datas están a recibir especial aceptación: 'Xa me tardan estes Magos', novo libro-disco de Mama Cabra, que enche o mundo de novas e divertidas panxoliñas, e 'Criaturas', o libro que recolle as mellores e máis curiosas historias do programa da produtora Pórtico para a TVG. Con eles, fixemos un album divertido e optimista.
Velaquí dúas fotografías de lectores. Festa familiar e sobremesa arredor dos libros. Agasallos para os autores, que poden comprobar como os seus textos e as súas propostas chegan aos lectores, e agasallo para os lectores, que disfrutan coas propostas, aínda que no caso dos que están coa Mama Cabra non sabemos quen disfruta máis, se os pais ou a pecherrecha.