Homenaxe a Franco Grande en Tomiño

O Concello de Tomiño honrará o vindeiro sábado 14 de xaneiro ás 12h00 no auditorio de Goián a senlleira traxectoria cultural do Fillo Predilecto de Tomiño, Xose Luis Franco Grande. Con este acto o goberno local tomiñés recoñece o importante papel deste intelectual no mundo cultural galego e a difusión da súa terra sempre presente, […]
Bailando con Mamá Cabra dende Arxentina

A Galicia exterior existe. Chámase Antía, ten 3 anos e medio, filla de Sandra e Ruy, vella estirpe galega, zamorana, diaguita (nos pagos de Catamarca) e calabresa. Na casa fálase galego e cántase tamén con Mamá Cabra. Antía empeza a dar os seus primeiros pasos na nosa lingua coa música máis divertida do país. Un […]
Presentación de NÓMADES en Vigo
Este mércores, Xosé Tomás presenta a novela gráfica 'Nómades' no Centro de Recursos Feministas de Vigo, no segundo andar da Biblioteca Municipal. Estará acompañado polo editor, Francisco Castro. 'Nómades' é unha novela gráfica artellada sobre breves pero reveladores episodios que teñen como fío condutor a emigración e como protagonistas a mulleres de diferentes idades e […]
Gran éxito do Culturgal
A fin de semana estivo protagonizada polo Culturgal, a Feira das Industrias Culturais na que a nosa editorial tivo gran protagonismo. Encontro cos nenos, concertos para grandes e miúdos, presentacións de libros, xantares literarios… foron algúns dos actos nos que a Editorial Galaxia tivo especial traballo, achegando autores e os libros máis recentes. Velaquí deixamos […]
Hoxe é o Día das Librerías

Hoxe celébrase o Día das Librerías, un acontecemento que serve para lembrarnos a existencia dunhas tendas moi especial, duns lugares onde se venden soños, versos lindos, historias que nos enganchan, sabedoría, lecer e entretemento. Lugares de luz que non deben esmorecer. Na nosa man está que non esmorezan. Co gallo da xornada, abrirán ata as […]
Presentación do novo número de GRIAL o mércores en Compostela

Este mércores ás 19.30, no Salón de Actos da Biblioteca Anxel Casal de Compostela, presentaremos o número 191 da revista GRIAL, dedicado nesta ocasió ao Instituto da Lingua Galega. Participan no acto Víctor F. Freixanes, codirector da revista, Ernesto González Seoane, membro do ILG e decano da Facultade de Filoloxía da USC, Antón Santamarina, membro […]
Xira de concertos de Mamá Cabra

As Mamá Cabra e Editorial Galaxia van percorrer o País cunha xira de concertos na que o popular grupo de música infantil vai interpretar, entre outros, os temas do seu novo libro-disco Xa me tardan estes Magos e no que musicaron poemas de autores senlleiros como Gloria Sánchez, Antonio García Teijeiro ou Antón Cortizas. O […]
Dous libros de Galaxia, premiados na web Fervenzas Literarias
Un ano máis, a referencial web Fervenzas Literarias, que hai tan pouco renovou o seu aspecto, vén de dar a coñecer os resultados da enquisa feita entre os seus lectores e lectoras na procura dos mellores libros do ano que vén de rematar. Varios libros de Galaxia atópanse nos primeiros postos entre as preferencias dos […]