Un ano máis, a referencial web Fervenzas Literarias, que hai tan pouco renovou o seu aspecto, vén de dar a coñecer os resultados da enquisa feita entre os seus lectores e lectoras na procura dos mellores libros do ano que vén de rematar.
Varios libros de Galaxia atópanse nos primeiros postos entre as preferencias dos internautas, pero dous deles conseguiron encaramarse ao primeiro posto.
Por unha banda, o libro de Orhan Pamuk, 'O libro negro', é considerado o mellor libro de adultos traducido. O traballo desenvolvérono María Alonso e Bartug Aykam.
Ademais, o libro de Bieito Iglesias, 'Contos da terra da tarde' consigue o primeiro posto na categoría de Mellor Portada.
Dous importantes recoñecementos que veñen da man, e isto é moi importante, dos lectores e das lectoras. En definitiva, traballamos para eles e para elas.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR