Rosendo en Sabaxáns

O libro de Fernando Neira, 'Berrogüetto. O pulso da terra' que conmemora os quince anos de existencia do grupo sigue navegando con fortuna entre público e crítica. Hoxe deixámosvos na ligazón da esquerda o vídeo de 'Rosendo en Sabaxáns', un dos temas incluídos no DVD que, canda o CD en directo, acompañan a publicación.
'Unha das mellores cousas do mundo é cantar coa xente'

As Mamá Cabra están de xira por todo o país. Hoxe actuarán en Vigo en dúas sesións, ás 16:30 e ás 18:30 h, no Auditorio Municipal para interpretar os temas do seu último traballo, 'Xa me tardan estes Magos', aínda que non han faltar cancións do seu anterior traballo, tamén en Galaxia, 'Ola, ola, la!'. […]
Comeza INSPIRACIENCIA

Hoxe dá comezo unha nova edición de INSPIRACIENCIA, segunda edición dun certame que o ano pasado conseguiu unha altísima participación no conxunto do Estado. Ata o de agora só podían presentarse orixinais en castelán e catalán. Dende hoxe, tamén en galego pois a Editorial Galaxia decidiu participar este ano na organización poñendo así a disposición […]
Mamá Cabra triunfa en Vilagarcia

Despois do éxito arrollador do martes en Vigo, no que houbo que poñer o cartel de "Non hai entradas" nos dous concertos que se celebraron na cidade olívica, e tralo éxito de onte tamén en Vilagarcía, hoxe tocarán en Cangas ás 18 horas no Auditorio. O popular grupo musical interpretará os temas do seu novo […]
Presentación de A ARTE DO IMPOSIBLE en Santiago

Hoxe martes ás 20 horas na librería Couceiro de Santiago, Ramón Máiz presenta este ensaio que recibiu o Premio Ramón Piñeiro 2010. Estará acompañado por Víctor F. Freixanes e Xan López Facal. Segundo o autor, en declaracións ao xornal 'Galicia Hoxe' trala concesión do premio, "A novidade é recuperar o valor da política como arte […]
Feliz 2012

O tópico di que o que cómpre desexarlle a todos os amigos e amigas para o ano que está a piques de entrar é felicidade. Daquela, dende a Editorial Galaxia imos cumprir co tópico: que o ano 2012 veña cheo de felicidade, que vos chegue toda a eito, que non falte nin un miligramo de […]
Presentación de DIABOLUS IN MUSICA. CONVERSAS CON ROGELIO GROBA

Participan Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, Roberto Varela, Conselleiro de Cultura, Rogelio Groba, músico, e o autor, Manrique Fernández. Proxectarase un vídeo cunha escolma dos temas que se inclúen no libro en CD. Rogelio Groba é instrumentista, director, pedagogo e, sobre todo, compositor. O seu incansable traballo entre as liñas do pentagrama deixou […]
Teresa Moure gaña o premio Ramón Piñeiro 2011

A escritora Teresa Moure resultou gañadora da undécima edición do Premio Ramón Piñeiro que Editorial Galaxia organiza conxuntamente coa Secretaría xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, coa colaboración de Gas Natural Fenosa e o Centro Ramón Piñeiro. En total presentáronse 12 orixinais a esta undécima edición do galardón dotado con 6.000 euros. O […]