Recital-concerto de presentación do libro DESPOIS DE TI, A CHUVIA

Hoxe martes ás 20.30 horas presentaremos, cun concerto, no Teatro Principal de Ourense o novo libro-disco de Xosé Carlos Caneiro, 'Despois de ti, a chuvia' e no que o músico Emilio Rúa puxo a súa voz. No concerto de mañá actuará tamén José Gayoso, outro dos músicos implicados no proxecto. Estamos diante dun impoñente proxecto […]

¿Queres gañar un exemplar de 2044 de Eduardo Santiago?

Editorial Galaxia leva tempo colaborando co portal Culturagalega.org de cara a promover a lectura na nosa lingua. Dende o portal web ofécesenos a posibilidade de gañar varios exemplares da colección Costa Oeste da nosa editorial, contestando correctamente a unha sinxela pregunta: A que xénero narrativo ou temática corresponde a novela 2044 de Eduardo Santiago? As […]

Para entender e xogar co Entroido

Hai un tempo, a nosa Editorial botou a andar unha colección, dirixida aos máis cativos da casa, que chamamos "Pimpín por aquí non vin" e que, baixo do formato do libro-acordeón despregable, presenta aos lectores e lectoras, dun xeito moi visual, as principais festas do noso calendario anual. O Magosto, o Nadal, etc. Favor especial […]

Valentín Paz-Andrade en Galaxia

Como todos os anos, Editorial Galaxia vai facer un importante esforzo en publicacións relacionadas co persoeiro homenaxeado no Día das Letras Galegas. Así, a obra e a vida de Valentín Paz-Andrade serán amplamente estudadas e espalladas a partir de tres libros que, aos poucos, van ir saíndo do prelo da nosa editora. Por unha banda, […]

Día Internacional da Lingua Materna

Hoxe é o Día Internacional da Lingua Materna. Todos temos unha lingua de nós. O xénero humano, diverso como todo na natureza, soubo facer agromar das súas necesidades comunicativas un xeito de lle chamar as cousas, de se referir a elas, de cantar a beleza. En Galicia esa lingua é o galego. A nosa lingua […]

Conferencia de Eduardo Santiago, autor de '2044'

"A experiencia de escribir ficción científica" é o título da conferencia de Eduardo Santiago, que será presentado por Luisa Martínez Lorenzo, da Unidade de Cultura Científica (CSIC) de Galicia. Esta conferencia enmárcase dentro dos actos de divulgación do II Concurso de Relatos de Ficción Científica INSPIRACIENCIA no que participa Galaxia e que, grazas a esta […]

Presentación de LAURA NO DESERTO na Pobra do Caramiñal

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, o Liceo Pueblense e a Editorial Galaxia únense para convidar a todo o público interesado á saida dun novo número de 'A Voz de Barbantia' e á presentación de LAURA NO DESERTO, de Antón Riveiro Coello. O acto terá lugar mañá venres 24 de febreiro, ás 20:30 […]

Rosalía viva

Hoxe celébrase en todo o país o Día de Rosalía. Unha iniciativa nacida da AELG, e apoiada por moitos colectivos como Gálix e que a nosa Editorial tamén seduce, lévanos hoxe a pedir á cidadanía que merquen un libro e unha flor para agasallar. Mais non un libro calquera. Hoxe hai que mercar un libro […]