Para entender e xogar co Entroido

Categoría: Nova

Hai un tempo, a nosa Editorial botou a andar unha colección, dirixida aos máis cativos da casa, que chamamos "Pimpín por aquí non vin" e que, baixo do formato do libro-acordeón despregable, presenta aos lectores e lectoras, dun xeito moi visual, as principais festas do noso calendario anual. O Magosto, o Nadal, etc.

Favor especial ten entre os lectores o volume que lle dedicamos ao Entroido, e no que, da man do ilustrador Jacobo Fernández Serrano, se amosa toda a festa que arrodea a estas xornadas das máscaras, de sempre, tan presentes na nosa cultura.

Comparte nas túas redes sociais ou por email