Décima edición para 'Ollos de auga'

O ano comezaba coa chegada ás librerías da décima edición de 'Ollos de auga', a primeira das obras protagonizadas polo xa máis que famoso inspector Leo Caldas, nacido da imaxinación do escritor vigués Domingo Villar. Dende o momento primeiro da súa saída, a obra foi colleitando o favor dos lectores e lectoras os cales, axiña, […]
Nomeamentos en Galaxia

Editorial Galaxia S.A., Merlín Comunicación S.L. e algunhas das Fundacións relacionadas coa editora están a proceder a un proceso de restruturación e actualización dos seus consellos. Unha das primeiras medidas foi o nomeamento de Xaime Isla Couto como Presidente de Honra das devanditas empresas e da Fundación que leva os apelidos da súa familia. Blanca […]
Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Do 4 ao 31 de marzo terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra unha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil. O tema deste ano é 12 + 1; o Salón indagará nas supersticións, de onde veñen estas crenzas, na importancia dos números nos contos, na boa e mala sorte, e nas […]
Xa en librerías DIARIO DE INVERNO, de Auster

Dende o día 1 de febreiro pódese atopar nas librerías Diario de inverno, de Paul Auster, na súa edición en galego. Publícase ao mesmo tempo ca a edición en castelán e antes de que o libro saia en inglés. Lánzase tamén a edición dixital, que se pode mercar aquí. A nova novela do autor de […]
JEAN-PHILIPPE TOUSSAINT NO LOUVRE

Con motivo dun ciclo consagrado polo museo parisiense ás artes do libro, Toussaint monta unha mostra na que a fotografía se asocia ao vídeo, ás instalacións e ás intervencións do escritor e director de cinema coa finalidade de "evocar o libro sen pasar polo escrito". Na exposición, o autor de Fuxir, novela de Toussaint publicada […]
Presentación de LAURA NO DESERTO en Vigo

O escritor Antón Riveiro Coello presenta a súa última novela, Laura no deserto. Estará acompañado por Víctor F. Freixanes, director de Galaxia, e Ana Gago González, profesora de Lingua Galega e Literatura. A nova novela de Riveiro Coello iníciase na primavera de 1982 en Barcelona co achado dunha carta e vai espallando a súa trama […]
'Area fai seis', finalista nos Mestre Mateo

Onte, a Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer as obras finalistas nos Mestre Mateo 2011. Se o ano pasado a Editorial Galaxia era finalista polo proxecto Contoplanet, este ano, 'Area fai seis' é finalista na candidatura de Mellor Obra Interactiva. 'Area fai seis' é un conto, escrito por Araceli Gonda e ilustrado por María […]
Galaxia publica en edición dixital a obra de Casares

Un libro de homenaxe e un especial da Revista Grial completan as accións previstas pola editora neste décimo aniversario do pasamento do escritor. Baixo do título DEZ ANOS CON CARLOS CASARES, Editorial Galaxia bota a andar, este venres 9 de marzo, un mollo de actividades entre os que destacan a edición en dixital da súa […]