Décima edición para 'Ollos de auga'

O ano comezaba coa chegada ás librerías da décima edición de 'Ollos de auga', a primeira das obras protagonizadas polo xa máis que famoso inspector Leo Caldas, nacido da imaxinación do escritor vigués Domingo Villar. Dende o momento primeiro da súa saída, a obra foi colleitando o favor dos lectores e lectoras os cales, axiña, […]

Nomeamentos en Galaxia

Editorial Galaxia S.A., Merlín Comunicación S.L. e algunhas das Fundacións relacionadas coa editora están a proceder a un proceso de restruturación e actualización dos seus consellos. Unha das primeiras medidas foi o nomeamento de Xaime Isla Couto como Presidente de Honra das devanditas empresas e da Fundación que leva os apelidos da súa familia. Blanca […]

Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Do 4 ao 31 de marzo terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra unha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil. O tema deste ano é 12 + 1; o Salón indagará nas supersticións, de onde veñen estas crenzas, na importancia dos números nos contos, na boa e mala sorte, e nas […]

Xa en librerías DIARIO DE INVERNO, de Auster

Dende o día 1 de febreiro pódese atopar nas librerías Diario de inverno, de Paul Auster, na súa edición en galego. Publícase ao mesmo tempo ca a edición en castelán e antes de que o libro saia en inglés. Lánzase tamén a edición dixital, que se pode mercar aquí. A nova novela do autor de […]

Presentación de 2044, de Eduardo Santiago, en Vigo

Mañá martes, ás 20 horas, o escritor Eduardo Santiago presentará a súa novela, publicada na colección Costa Oeste, '2044', acompañado polo escritor e editor Francisco Castro. No libro, preséntasenos unha interesantísima obra de ficción científica que nace dunhas preguntas certamente intrigantes: ¿Qué pasaría se un videoxogo se convertese en real? ¿Qué pasaría se todos tivesemos […]

Cunqueiro, Príncipe das Letras

O acto contou coa participación de Víctor F. Freixanes, codirector da revista, Dolores Vilavedra, coordinadora do número, Manuel Forcadela, profesor de Filoloxía, e César Cunqueiro. O ano Álvaro Cunqueiro cérrase con este número de GRIAL (192) dedicado ao autor de Mondoñedo. Cérrase ou ábrese, segundo queiramos velo, pois o pasado 22 de decembro cumpríronse cen […]

Despois de ti, a chuvia

Neste novo libro-disco, Xosé Carlos Caneiro, axudado pola voz de Emilio Rúa, agasállanos cunha viaxe poética moi singular. Nas súas propias palabras, tiradas do prólogo do libro, cóntanos: Quería cambiar o mundo: velaquí a razón da miña poesía. O mundo concreto e sensible, cercano: aquel que doía, levantaba, acariñaba ou cuspía. Quería cambiar o mundo, […]

Petando nas portas de Dylan

Estes días chega ás librerías unha nova edición do libro de poemas de Antonio García Teijeiro, 'Petando nas portas de Dylan'. Coñecida é a devoción do poeta vigués polo músico norteamericano. Como coñecida é a importancia da música pop e rock na súa produción, tantas veces bebendo nesas notas e nesas letras. Agora, e coas […]