Henrique Monteagudo ingresou na RAG

Solemnemente, rodeado de familiares e amigos, cunha ampla representacion da vida cultural, política e académica, Henrique Monteagudo Romero, filólogo, especialista en sociolingüística, autor de Galaxia e codirector da revista GRIAL ingresou con todos os honores na primeira institución da nosa cultura, fundada por Manuel Murguía en 1905, cun discurso sobre o presente e o futuro […]
FACER PAÍS CO IDIOMA SENTIDO DA NORMALIZACIÓN LINGÜISTICA

O pasado sábado, o profesor e codirector da revista GRIAL, Henirque Monteagudo, leu un texto titulado FACER PAÍS CO IDIOMA. SENTIDO DA NORMALIZACIÓN LINGÜISTICA. Polo seu interese reproducímolo hoxe aquí. Podes descargalo dende a ligazón que atoparás á dereita destas liñas.
O SEÑOR DAS DUNAS, espectáculo para toda a familia, comeza esta fin de semana

Esta fin de semana, Merlín Comunicación, empresa do Grupo Editorial Galaxia, dá comezo á súa montaxe, preparada para a Secretaría Xeral de Política Lingüística, dentro do programa de dinamización lingüística, falaRedes, e que titulamos 'O señor das dunas'. O espectáculo, de corte familiar, percorrerá Galicia comezando a súa andaina, esta fin de semana, no Morrazo. […]
Presentación de O SOLDADIÑO DE CHUMBO

Dentro dos actos do SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL de Pontevedra, no que a nosa editorial ten unha importante presenza, presentaremos mañá, ás 20 horas, a obra de Andersen, que inaugurou a colección Árborecinema, 'O soldadiño de chumbo'. A obra está editada canda o DVD producido por Algarabía e Continental, do mesmo título e […]
Décima edición para 'Ollos de auga'

O ano comezaba coa chegada ás librerías da décima edición de 'Ollos de auga', a primeira das obras protagonizadas polo xa máis que famoso inspector Leo Caldas, nacido da imaxinación do escritor vigués Domingo Villar. Dende o momento primeiro da súa saída, a obra foi colleitando o favor dos lectores e lectoras os cales, axiña, […]
Nomeamentos en Galaxia

Editorial Galaxia S.A., Merlín Comunicación S.L. e algunhas das Fundacións relacionadas coa editora están a proceder a un proceso de restruturación e actualización dos seus consellos. Unha das primeiras medidas foi o nomeamento de Xaime Isla Couto como Presidente de Honra das devanditas empresas e da Fundación que leva os apelidos da súa familia. Blanca […]
Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Do 4 ao 31 de marzo terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra unha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil. O tema deste ano é 12 + 1; o Salón indagará nas supersticións, de onde veñen estas crenzas, na importancia dos números nos contos, na boa e mala sorte, e nas […]
Xa en librerías DIARIO DE INVERNO, de Auster

Dende o día 1 de febreiro pódese atopar nas librerías Diario de inverno, de Paul Auster, na súa edición en galego. Publícase ao mesmo tempo ca a edición en castelán e antes de que o libro saia en inglés. Lánzase tamén a edición dixital, que se pode mercar aquí. A nova novela do autor de […]