Galaxia en IlustraTour de Valladolid

Esta fin de semana celébrase en Valladolid, a V Edición de IlustraTour, encuentro internacional sobre ilustración y libros ilustrados, cun amplo programa onde as principais editoras do estado español presentan e analizan as tendencias no mundo do libro ilustrado a día de hoxe. Por primeira vez, a Editorial Galaxia é convidada a protagonizar un dos […]
FACER PAÍS CO IDIOMA SENTIDO DA NORMALIZACIÓN LINGÜISTICA

O pasado sábado, o profesor e codirector da revista GRIAL, Henirque Monteagudo, leu un texto titulado FACER PAÍS CO IDIOMA. SENTIDO DA NORMALIZACIÓN LINGÜISTICA. Polo seu interese reproducímolo hoxe aquí. Podes descargalo dende a ligazón que atoparás á dereita destas liñas.
O SEÑOR DAS DUNAS, espectáculo para toda a familia, comeza esta fin de semana

Esta fin de semana, Merlín Comunicación, empresa do Grupo Editorial Galaxia, dá comezo á súa montaxe, preparada para a Secretaría Xeral de Política Lingüística, dentro do programa de dinamización lingüística, falaRedes, e que titulamos 'O señor das dunas'. O espectáculo, de corte familiar, percorrerá Galicia comezando a súa andaina, esta fin de semana, no Morrazo. […]
Presentación de O SOLDADIÑO DE CHUMBO

Dentro dos actos do SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL de Pontevedra, no que a nosa editorial ten unha importante presenza, presentaremos mañá, ás 20 horas, a obra de Andersen, que inaugurou a colección Árborecinema, 'O soldadiño de chumbo'. A obra está editada canda o DVD producido por Algarabía e Continental, do mesmo título e […]
"En Galaxia somos moito máis que unha editorial"

Hoxe, o xornal Faro de Vigo ocupa unha páxina enteira cunha entrevista en profundidade con Benxamín Casal, recentemente nomeado Presidente de Galaxia e Merlín Comunicación no último Consello de Administración de ambas as empresas celebraron o pasado venres. Na conversa, o Presidente de Galaxia pasa revista á situación da empresa editora ao tempo que sinala […]
"No seu conxunto, a biblioteca Penzol é un tesouro"

Onte traiamos a esta nosa web a entrevista que publicaba o Faro de Vigo con Benxamín Casal, nomeado no Consello de Administración de Galaxia da semana pasada, Presidente da Editorial Galaxia e de Merlín Comunicación. Hoxe, o rotativo vigués dedícalle outra páxina a unha conversa con Alfonso Zulueta de Haz quen vén de asumir, despois […]
Hotel Cidade Sur

Xerardo Quintiá volve á narrativa de adultos despois de publicar varias obras seguidas na nosa editorial para os chanzos dos lectores máis novos, entre o que salienta o exitoso e ben coñecido polos escolares galegos, Ke-tumba Ke-Tamba. En Hotel Cidade Sur, Quintiá ofrécenos oito historias situadas entre novos edificos e leiras semiabandonadas, nas marxes esquecidas […]
Valentín Paz-Andrade en Galaxia

O xornalista Xan Carballa achéganos ao homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2012. Amena, rigorosa e ben documentada, esta Biografía é un completo percorrido pola traxectoria vital do ensaísta, poeta e político. Unha vida que atravesa o século XX, desde a ditadura de Primo de Rivera á Transición. O retrato dun home que, nas […]