"Dúas Letras" en Cotobade

Rodeada de amigos e veciños, promovida pola Asociación Cultural "Canón de Pau" de Cotobade, na aldea de Loureiro, presentouse o libro de Fina Casalderrey e Eloy Varela: "Dúas Letras". O salón cheo de xente a rebordar. Festa rachada. Teresa Fraga, a protagonista do filme, foi a estrela. Os veciños recoñecían os lugares onde se rodou […]

Ler no verán. Pensar no verán

Cando principian as vacacións, adoitan aparecer en distintos e moi diversos foros, recomendacións literarias de cara a encetar o tempo de calor cun libro nas mans. E iso está moi ben. Mais, polo xeral, adóitase, dende as revistas literarias aos suplementos dos xornais, enfocar esta cuestión apostando por lecturas lixeiras e de corte evasivo. O […]

Novas olladas sobre Rosalía de Castro

Potenciar de maneira xenérica a sempre precisa renovación dos estudos rosalianos é un dos obxectivos da sección monográfica de GRIAL 194, dedicada a Rosalía de Castro cando están a piques de cumprise os 150 anos da publicación de Cantares gallegos (1863). En palabras das súas coordinadoras (María do Cebreiro Rábade e Dolores Vilavedra): "Os avances […]

Audiocontos Galaxia, dez títulos para ler, escoitar e soñar

Hai uns días desembarcaban nas librerías de todo o país os novos títulos da colección Audiocontos, que chega así ao seu décimo título, completando desta maneira o plan editorial previsto. Coa edición de dous títulos de Charles Perrault, 'Bela e besta', ilustrado por Marina Seoane, e 'O gato con botas', por Xan López Domínguez, a […]

Editorial Galaxia presentou a biografía de Castelao, de Valentín Paz-Andrade

No Museo do Mar de Galicia, en Vigo, celebrouse onte a presentación da reedición de Castelao na luz e na sombra, de Valentín Paz-Andrade. Galaxia aproveitou o pulo da figura de Paz-Andrade, a quen se lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas, para recuperar unha obra senlleira. É, en palabras do editor, Victor […]

Santiago Lopo gaña o Premio García Barros 2012

O xurado salientou que desde a variedade de rexistros literarios de calidade (cartas, poesía, informes,…) apreixa o leitor para contar unha historia de actualidade científica que cuestiona as fronteiras espazotemporais e reivindica valores ecoloxistas. Valorouse tamén a concepción do psiquiátrico como metáfora da sociedade actual que lle serve o autor para elaborar con destreza a […]

Galaxia no Festigal

Un ano máis, este 24 e 25 de xullo, no Campus Sur de Compostela, celebrarase unha das grandes citas culturais do ano. O Festigal chega, coma sempre, cheo de propostas relacionadas coa cultura, ben sexa o cinema, a música, a literatura ou a artesanía. A nosa editorial terá unha presenza, como fai todos os anos […]

Xavier Alcalá participa na Feira Internacional do Libro de Miami

Xavier Alcalá vai asistir á Feira Internacional do Libro de Miami para presentar a súa última novela, Verde oliva, baseada na biografía real dunha axente doble durante a Revolución que levou a Castro ao poder. A novela vén de ser publicada por Galaxia en galego, e pola editorial Nowtilus en castelán. O escritor Xavier Alcalá […]