Chega o Samaín

Nesta ponte de finais de outubro e comezos de novembro, celébranse nas cidades e vilas de todo o o país, a festa do Samaín, que non do Halloween. O matiz é importante porque non son estritamente falando o mesmo, a pesar de que nos últimos tempos a denominación estadounidense vai gañando terreo e este ano […]
Conversa entre Larpeiros en Moaña

O cociñeiro Benigno Campos está xa a percorrer o país para dar a coñecer o seu novo libro de receitas, Volve a cociña de Larpeiros. Hoxe mércores día 31 estará no Bar con Uve, en Abelendo (Moaña) para manter unha 'Conversa entre Larpeiros' con Xulio Amigo, director comercial de Galaxia. Con este terceiro libro, as […]
Presentación de A VERDADEIRA HISTORIA DA MOSCA DA TELE

A escritora María Solar presenta o seu novo libro, "A verdadeira historia da mosca da tele", acompañada polo actor e director teatral Quico Cadaval e o editor e escritor, Francisco Castro. O libro, que publicamos na colección Árbore 10 anos céntrase nunha mosca que é, ao seu xeito, unha estrela da televisión e que vai […]
María Fumaça e Mamá Cabra, de xira por Galicia
Os libro-discos-dvd 'Bicos de Música' de Mamá Cabra e o proxecto María Fumaça están arrasando polo país enteiro e converténdose nun dos agasallos predilectos para estes días nos que os libros non deben faltar debaixo da árbore. E para este tempo de vacacións de Nadal, dende a Editorial Galaxia argallamos unha xira de concertos que […]
Presentación de CASTELAO NA LUZ E NA SOMBRA en Vigo

Aínda que o Día das Letras xa quedou atrás, este segue a ser o Ano Valentín Paz-Andrade. E así o comprobaremos, máis unha vez, mañá no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, no acto de presentación da que é a súa obra máis importante, 'Castelao na luz e na sombra'. No acto participarán Víctor […]
Presentouse O PEIZOQUE ROQUE na Coruña

A carpa que acolle as presentacións de libros na Feira da Coruña quedou pequena para acoller o público que se achegou a acompañar a Dores Tembrás e Xosé Tomás na presentación, canda o escritor e editor Francisco Castro, do libro 'O peizoque Roque'. A expectación foi tanta que, rematado o acto, autora e ilustrador tiveron […]
Rosalía de Castro, a ritmos novos

Un 15 de xullo do ano 1885 finaba en Padrón Rosalía de Castro. E como todos os 15 de xullo, celebraranse por toda a xeografía galega actos de lembranza e homenaxe á nai fundacional da nosa literatura moderna. Unha figura, a de Rosalía de Castro, máis grande e máis mítica a cada ano que pasa. […]
Sinaturas e música na Feira da Coruña

Seguen os actos organizados pola Editorial Galaxia na Feira do Libro da Coruña. E a actividade non cesará durante a fin do semana. Así, este domingo, o escritor e director xeral da nosa editorial, Víctor F. Freixanes estará asinando exemplares da súa novela 'Cabalo de ouros' dende ás 19 horas. E unha hora máis tarde, […]