De paseo con don Ramón

O pasado domingo 6 de outubro, un grupo de admiradores da obra de don Ramón xuntáronse á porta da súa casa, en Trasalba. O obxectivo era asistir a un roteiro literario organizado pola Fundación Otero Pedrayo, e seguindo os textos oterianos. Partindo de fragmentos de libros como 'Arredor de si', 'Os camiños da vida' ou […]
Nova edición de 'Os outros feirantes' de Cunqueiro

O tópico di que un clásico é un clásico porque resiste o paso do tempo. Italo Calvino engadía que un clásico é aquela obra que ten unha mensaxe para o seu tempo pero tamén para os tempos futuros. E case que hai tantas definicións posibles para "clásico" coma lectores e lectoras. Sexa coma for, Álvaro […]
Berta Dávila, premio de Narrativa Breve Repsol

Onte coñeceuse a identidade da gañadora desta nova edición do premio de Narrativa Breve Repsol, na súa sétima edición e que conta co patrocinio da Fundación Repsol e a Xunta de Galicia e que publicará a nosa editorial. Berta Dávila, a xove poeta e narradora, resultou merecente do premio coa obra 'O derradeiro libro de […]
Nova edicion dos Encontros de Verines

Un ano máis celebraranse os Encuentros en Verines, unha tradicional cita literaria que desde o ano 1985 reúne na Casona de Verines, en Pendueles (Asturias) a destacados creadores das distintas literaturas e linguas do Estado español. Os Encuentros están organizados polo Ministerio de Cultura e contan coa colaboración do Instituto Etxepare, o Institut Ramón Llull, […]
'Vento ferido', de novo nas librerías

A pesar de que foi no xa afastado 1967 cando 'Vento Ferido' viu a luz, a fidelidade das novas xeracións de lectores e lectoras, que non dubidan á hora de achegarse a este libro de Carlos Casares, fai que teñamos que tirar do prelo unha nova edición. Das moitas que xa habitan nos fogares de […]
Unha reflexión arredor dos lumes forestais

No número 198 da revista GRIAL, a máis recente das saídas do prelo da nosa editorial, o doutor enxeñeiro de montes e profesor titular na Escola Politécnica Superior de Lugo, da Universidade de Santiago, e membro do Consello Científico do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA), Miguel Morey, publica un profundo e clarificador […]
Dous libros de Galaxia, finalistas do Premio Frei Martín Sarmiento 2013

O pasado venres dábanse a coñecer os libros finalistas nas distintas categorías do Premio Frei Martín Sarmiento que cada ano recoñece os mellores libros publicados segundo o xuízo dos escolares. O premio é de gran prestixio e moi cobizado polos autores e autoras ao ser o alumnado galego quen escolle aos gañadores. Desta volta, dous […]
Editorial Galaxia e FOL Música no LIBER 2013

Editorial Galaxia, en colaboración con Fol Música, selo galego da produtora Boa Música, unha das empresas líderes de distribución das producións musicais, presenta nesta próxima edición do Liber (Madrid, 2013) "Sueños del Gatipedro", unha liña de produción e distribución cara ao mercado exterior pensada principalmente para os públicos máis novos (rapaces e rapazas, nenos e […]