'Vento ferido', de novo nas librerías

Categoría: Nova

A pesar de que foi no xa afastado 1967 cando 'Vento Ferido' viu a luz, a fidelidade das novas xeracións de lectores e lectoras, que non dubidan á hora de achegarse a este libro de Carlos Casares, fai que teñamos que tirar do prelo unha nova edición. Das moitas que xa habitan nos fogares de Galicia, chega agora as tendas de libros do país unha nova edición máis deste mollo de relatos anegados da mellor prosa de Carlos Casares.
Á dereita destas liñas podes ler o que o ano pasado escribía sobre este libro Carmen Mejía Ruíz, no blogue que a Editorial Galaxia lle dedicou, durante os doce meses, cando se cumpriron dez anos do seu pasamento.

Comparte nas túas redes sociais ou por email