Homenaxe a Alfonso Zulueta de Haz polo seu 90 aniversario

O próximo día 28 do presente mes de xullo, ás 12 horas, faráselle entrega ao Presidente da Fundación Penzol, Alfonso Zulueta de Haz dunha placa conmemorativa do 90 aniversario do seu nacemento. Esta homenaxe está promovida por Editorial Galaxia, SEPT, Fundación Isla Couto, Fundación Otero Pedrayo e Fundación Penzol, pola súa entrega e dedicación a […]

Presentación da Poesía Galega Completa de Díaz Castro en Lugo

Intervirán Armando Requeixo, o delegado provincial Mario Outeiro, e Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia. Esta edición está patrocinada pola Área de Cultura da Deputación de Lugo. Xosé María Díaz Castro é autor dunha obra máis ampla do que adoita considerarse, pero durante moito tempo a prevalencia creativa de Nimbos fixo que se obviase […]

Homenaxe a Alfonso Zulueta de Haz

Onte, a Fundación Penzol encheuse de amigos e amigas para homenaxear a Alfonso Zulueta de Haz, nun acto que pretendía ser íntimo pero que, como explicou Antón Vidal, mantedor da celebración, "estas cousas pasan cando a quen se homenaxea é tan querido". O acto estaba rganizado polas cinco institucións nas que Alfonso Zulueta de Haz […]

Presentación de ESCRITO EN CAFETERÍAS en Betanzos

O escritor Miguel Anxo Murado vai presentar o seu novo libro, ESCRITO EN CAFETERÍAS na Libraría Biblos de Betanzos. O autor estará acompañado polo Director Xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. Este novo libro de Miguel Anxo Murado é un traballo no que se contan historias reais pero que naceron escritas, nun principio, como columnas […]

Ofrenda institucional a Rosalía de Castro

Institucións culturais de toda Galicia e da Galicia exterior homenaxearon o pasado 25 de xullo a memoria de Rosalía de Castro, acto simbólico que se vén celebrando dende hai anos no Panteón de Galegos Ilustres, na igrexa de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela, e que constitúe un dos referentes tradicionais do Día […]

Antón Riveiro Coello, fillo predilecto de Xinzo

Antón Riveiro Coello (Xinzo de Limia, 1964) converteuse o pasado xoves en Fillo Predilecto de Xinzo de Limia. Un dos autores máis galardoados da nosa literatura recibe así o recoñecemento da vila que o viu nacer hai medio século. O Concello de Xinzo de Limia e os veciños rendéronlle así homenaxe no auditorio Ángel Cocho […]

Alberto Ramos, premio de novela Manuel García Barros 2014

Hoxe fallouse na Estrada o Premio de Novela Manuel Garcia Barros. A obra gañadora, da autoría de Alberto Ramos, será publicada pola Editorial Galaxia. O título da obra gañadora é "MÁSCARAS ROTAS PARA SEBASTIAN NELL" e publicarémola na nosa editorial no vindeiro mes de outubro. O xurado estivo composto por Inma Otero Varela, Carlosá Lema, […]