Presentación do novo libro de Emilio Pérez Touriño en Ourense

Sigue a xeira de presentacións do novo libro de Emilio Pérez Touriño. Desta volta será mañá en Ourense onde CRISE GLOBAL E CRISE DA POLÍTICA. UNHA OLLADA DESDE GALICIA será presentada, no Liceo ás 20.15. Acompañarán ao autor Xavier Casares e Víctor F. Freixanes. Este libro é, na nosa web, o LIBRO DO MES. Na […]
Xa podes ver un dos tráilers de A ESMORGA

Será o vindeiro 21 de novembro cando A ESMORGA, a película que coproducen Vía Láctea Filmes e Editorial Galaxia chegue ás salas de cine de todo o país. Mentres non chega ese día, deixámosche na ligazón á dereita destas liñas dun dos tráilers desta fita baseada na novela de Eduardo Blanco Amor.
A Fundación Penzol recibe dous poemas autografados de Xosé Velo Mosquera

A Fundación Penzol recibiu de Hixinio Araúxo Feijóo a doazón de dous poemas autógrafos de Xosé Velo Mosquera. Tratase da «Canzón dá Carceleiriña» e «Confirmación de fe». Xosé Velo Mosquera foi un dos galeguistas encargados de organizar as Mocidades Galeguistas en Celanova durante a II República e, durante a ditadura de Franco, participou no histórico […]
Samaín ou Festa de Defuntos…pero con sabor galego

Non temos por que chamarlle Halloween pois sabemos que é o Samaín. É máis: sabemos que a hollywoodiense celebración, en realidade, é unha deturpación da tradición de calacús dos días de defuntos que, dende os colonos irlandeses que chegaron a América do Norte hai moitos séculos xa. En Galica, de sempre, por estas datas de […]
Presentación do novo libro de Antón Dobao en Compostela

O escritor Antón Dobao estará na librería Cronopios de Santiago, o xoves 16 de outubro ás 20:00 horas, para presentar "As Ilusións Estrañas", un libro de relatos que vén de ser editado por Galaxia. No acto, o autor estará acompañado polo político Xosé Manuel Beiras e polo director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. Estamos […]
Presentación da nova novela de Francisco Castro en Vigo

Francisco Castro presentará a súa nova novela TES ATA AS 10 na Casa do Libro este martes ás 20 horas acompañado pola escritora Inma López Silva e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. A OBRA: Unha novela trepidante que non vas poder deixar de ler ata o final Antonio non daba creto ao […]
Inauguración da exposición MANUEL GÓMEZ ROMÁN (1876-1964) ARQUITECTO E GALEGUISTA

No acto intervirán Abel Caballero Álvarez, Alcalde de Vigo e Alfonso Zulueta de Haz, Presidente da Fundación Penzol. O obxectivo da exposición é ofrecer unha ollada dende a Casa Galega da Cultura no 50 aniversario do seu pasamento. Exposición dedicada ao arquitecto Manuel Gómez Román, autor, na cidade olívica de obras emblemáticas como o edificio […]
Estrea en Ourense da obra de Carlos Casares 'As laranxas máis laranxas de todas as laranxas'

Dirixida por José Caldas, estrearase no Teatro Principal. hoxe ás 20.30 h., o clásico de Carlos Casares, 'As laranxas máis laranxas de todas as laranxas', nunha montaxe do Centro Dramático Galego. Considerada como unha das principais contribucións de Carlos Casares ao ámbito da literatura infantil e xuvenil, galardoada en 1973 co I Premio de Literatura […]