Manuel Portas presentou a súa novela en Vigo (álbum de fotos)

O crítico Ramón Nicolás e o director literario de Galaxia, Carlos Lema, abeiraron ao novelista Manuel Portas na presentación do seu libro LOURENÇO, XOGRAR, gañador do Premio de Novela Manuel García Barros deste ano pasado. No noso blogue deixamos algunhas fotos do acto.

Presentación de LOURENÇO, XOGRAR en Vigo

Hoxe xoves, o escritor Manuel Portas presentará a súa nova novela, LOURENÇO, XOGRAR, Premio de Novela Manuel García Barros na librería Librouro de Vigo ás 20 horas. O autor estará acompañado polo crítico literario Ramón Nicolás e polo editor literario de Galaxia, Carlos Lema. Desta obra, precisamente Nicolás escribiu no seu día no seu 'Caderno […]

Presentouse AMOR É UNHA PALABRA COMA OUTRA CALQUERA

Enchéronse todas as cadeiras e quedou moita xente de pé. A presentación de AMOR É UNHA PALABRA COMA OUTRA CALQUERA respondeu á expectación xerada diante desta novela de amor contra do amor que onte Francisco Castro, abeirado polo director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, e o crítico literario Ramón Nicolás presentou na Casa do […]

Chegan AS TERAPIAS DA DOUTORA LEDICIA

Estes días chega ás librerías de Galicia unha obra de teatro, pensada para o lectorados a partir dos 10 anos, titulada AS TERAPIAS DA DOUTORA LEDICIA e escrita por Raquel Castro con ilustracións de Almudena Aparicio. Personaxes coma o Apalpador, o Home do Saco, o Lobishome ou a Carolina, entre outros, desfilarán polo gabinete da […]

Amor é unha palabra coma outra calquera, hoxe en Vigo

Francisco Castro presenta Amor é unha palabra coma outra calquera, unha novela de amor contra o amor, hoxe martes 23 de febreiro ás 20h na Casa do Libro de Vigo, acompañado por Ramón Nicolás e Víctor F. Freixanes. Amor é unha palabra coma outra calquera é una novela de amor contra o amor protagonizada por […]

Chega ás librarías Moito morro corporation, Sociedade Ilimitada

Chega ás librarías a nova obra de teatro infantil de Carlos Labraña, a comedia circense Moito morro corporation, Sociedade Ilimitada, que se presentará o vindeiro 4 de marzo na Libraría Pedreira de Compostela. Unha historia disparatada protagonizada por unha compañía de pallasos, trapecistas e domadores que lles demostrarán aos pequenos e pequenas lectoras que se […]

Chegan AS TERAPIAS DA DOUTORA LEDICIA

Estes días chega ás librerías de Galicia unha obra de teatro, pensada para o lectorados a partir dos 10 anos, titulada AS TERAPIAS DA DOUTORA LEDICIA e escrita por Raquel Castro con ilustracións de Almudena Aparicio. Personaxes coma o Apalpador, o Home do Saco, o Lobishome ou a Carolina, entre outros, desfilarán polo gabinete da […]

Terceira edición para FONTAN

O novelista Marcos Calveiro gañaba o Premio de Narrativa Breve Repsol 2015 coa novela FONTÁN na que aborda a vida e titanico traballo de Domingo Fontán, ilustrado, matemático e topógrafo que elaborou o primeiro mapa científico de Galicia. Desta obra, o crítico literario Ramón Nicolás escribiu no seu 'Caderno da crítica' que é "novela, alén […]