Sinaturas da Editorial Galaxia, esta fin de semana, na Feira do Libro de Santiago

Velaquí as sinaturas da Editorial Galaxia que se celebrarán, esta fin de semana, na Feira do Libro de Santiago: Día 20, ás 12:00 h, Sinatura de Galicia, o país das marabillas, de Claudia Castro, ilustrado por Emanuel Lomeña. Velaquí unha nova visión, insólita, divertida e poética, sobre Galicia. É unha viaxe por toda a nosa […]
Esta semana, “Pandemia” de Slavoj Žižek nas librerías de toda Galicia

A Editorial Galaxia vén de publicar esta obra do que é considerado por moitos o pensador vivo máis influente da actualidade. Dende esta semana estará nas librarías de toda Galicia en tradución de Carlos Aymerich. Pandemia. A Covid-19 sacode o mundo é un texto no que Žižek reflexiona sobre a pandemia do coronavirus e a […]
Presentación virtual de “O derradeiro libro de Emma Olsen”

O xoves 28, ás 19:00 h, celebrarase a presentación da novela gráfica O derradeiro libro de Emma Olsen, de Berta Dávila e Pablo Prado. Acompañando aos autores, Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia, coordinará o evento. Celebrarase na plataforma ZOOM. Podedes acceder ao encontro a través da seguinte ligazón e contrasinal, o día 28 […]
Editorial Galaxia e Zona Franca presentan “Vigo XXII, unha ollada ao futuro”

Editorial Galaxia e Zona Franca únense ao Día das Letras Galegas presentando o libro “Vigo XXII, unha ollada ao futuro”. Para celebrar o Dia das Letras Galegas , David Regades, delegado do goberno de Zona Franca, vén de presentar hoxe xunto co director xeral de Galaxia, Francisco Castro, e unha das autoras, Inma López Silva, […]
Dous libros de Galaxia, gañadores na V Gala do Libro Galego

As obras escollidas polo xurado foron A que cheiran as cores? A esperada guía para coñecer o cerebro, de Juan Casto Rivadulla Fernández, ilustrado por Nuria Díaz, na categoría de Divulgación, e Castelao. Construtor da nación. Tomo I. 1886-1930, de Miguel Anxo Seixas Seoane, na categoría de Iniciativa bibliográfica. Na Editorial Galaxia estamos moi felices […]
Adiados os Premios Illa Nova e Roberto Vilar Bolaño

Dada a excepcionalidade da situación actual, adíase o fallo do Premio de Novela Illa Nova. En canto se recupere a normalidade, anunciarase a data do mesmo. Os tempos que estamos vivindo tamén afectan, naturalmente, ao III Premio Roberto Vilar Bolaño. Prolóngase a recepción de orixinais ata que se restableza a situación. Velaquí as bases: Poderán […]
Feliz Día do Libro!

Dende a Editorial Galaxia desexámosvos un moi feliz Día do Libro a todas e todos. É tempo de ler, de soñar, de descubrir, de imaxinar, de aprender, de gozar e sobre todo sentir. Sentir que todo irá ben e volveremos ás librarías, volveremos a compartir o tempo cos nosos e seguiremos viaxando, imaxinando e soñando […]
Hoxe, Fiz Vergara Vilariño cumpriría 67 anos

Un 15 de abril de 1953, hai 67 anos, nacía o poeta Fiz Vergara Vilariño na parroquia de Santalla de Lóuzara, no concello lugués de Samos; o mesmo lugar no que finou en 1997. Formou parte do colectivo Cravo Fondo. A súa poesía tiña inicialmente un marcado carácter social, que foi logo derivando cara a un maior […]