Carlos G. Reigosa, premio Fernández del Riego de xornalismo

Categoría: Nova

José Manuel Otero Lastres foi galardoado co Premio Julio Camba de Xornalismo na súa trixésima terceira edición polo seu artigo "A sensación de ser como os demais", publicado o 27 de marzo do pasado ano en La Voz de Galicia. Pola súa banda, Carlos G. Reigosa obtivo o premio Fernández del Riego na súa novena edición polo artigo "Paraíso case baleiro", publicado tamén en La Voz de Galicia, suplemento Culturas, o 30 de abril do 2011. O fallo destes premios, que outorga Novacaixagalicia para traballos xornalísticos en castelán e en galego, deuse a coñecer esta mesma mañá. O xurado destacou a calidade literaria dos escritos de ambos os gañadores, seleccionados entre máis de sesenta finalistas.
Carlos G. Reigosa, de quen ultimamente publicamos 'A lei das ánimas. A novela da Santa Compaña', suma así un novo galardón a unha máis que brillante traxectoria xornalística.

Comparte nas túas redes sociais ou por email