Brasil no centro

Categoría: Nova

Volve á actualidade literaria un dos nosos poetas máis importantes. Con Brasil no centro, Xabier Rodríguez Baixeras convirte en material literario as súas vivenzas iniciadas en Salvador de Baía, cidade visitada por primeira vez no 2006 e que vai deixarlle unha pegada esencial para sempre.
Estamos diante dun diario, en prosa, dun autor que ten declarado moitas veces que toda a súa vida está marcada polas viaxes. E falando delas e sobre este libro, nunha entrevista recente en 'El País' apuntaba: "Trátase dun libro en prosa con formato de diario nas pasaxes ambientadas en Galicia e en partes de España, con apariencia autobiográfica, e estampas bahianas de todo tipo, paisaxes, costumes, gastronomía, un home que lle fala a un galo… Están escritas coa inocencia da primeira impresión, canda recén chegado. Neste caso, o máis interesante é a lingua, sentir o galego, porque qué podo dicir eu de Brasil".

Comparte nas túas redes sociais ou por email