A Editorial Galaxia adianta as súas novidades

No primeiro trimestre deste ano, a Editorial Galaxia publicará un mollo de títulos moi diversos entre os que podemos destacar os seguintes: Xesús Rábade Paredes publicará as súas memorias baixo o título A luz co tempo de dentro. Sendo este ano Florencio Delgado Gurriarán o homenaxeado nas Letras Galegas, publicaranse títulos da súa autoría como […]
“A miña lingua a túa lingua”, de Oviravai, un álbum para aprender inglés coa cabra Lu

A cabra Lu é unha nova amiga que nos vai ensinar todo o necesario para comezar a falar en inglés, nunha clase moi divertida, con Paio, Aurelio e moita música. Publicado na colección Álbum de Galaxia, A miña lingua a túa lingua, de Oviravai, introduce á cativada na lingua inglesa a través de ritmos moi […]
Coa colección Feminismos, Galaxia aposta pola igualdade na ciencia

A Editorial Galaxia vén de sumar un novo título á colección Feminismos: Pioneiras da ciencia en Galicia, da autoría de Manuel Rey Pan e Eduardo Rolland. Acaba de chegar aos nosos almacéns este libro que aposta, ao igual que sucede co recentemente publicado Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros, de Xoana Torres, […]
Presentación de “A abertura da boca”, en Santiago de Compostela

O martes 28 de decembro, celebrarase, ás 20 h, a presentación do poemario A abertura da boca, de Carlos Callón, na libraría Pedreira, organizada, en colaboración, coa Agrupación Cultural O Galo. Acompañando o autor, estarán os escritores Serxio Abalo e J. M. Dopazo, e María Antonia Pérez, en representación da A. C. O Galo. Co […]
Feliz 2022

Dende a Editorial Galaxia desexámosvos o mellor para o 2022. Esperamos que sexa un ano cheo de saúde, soños cumpridos e moita lectura. Os mellores desexos para este novo comezo. Grazas por acompañarnos e compartir esta fermosa travesía das letras.
Presentación de “Illote P, Barraca 16”, en Redondela

O xoves 23 de decembro, celebrarase, ás 19 h, na sala de exposicións do Multiusos de Redondela, a presentación do libro Illote P, Barraca 16, de Santiago Rodríguez Salinas. No acto estarán o actor Tatán Cunha, fillo do autor do libro, Raúl Francés, a escritora e xornalista Montse Fajardo, o actor Roberto Leal, e Tati […]
María do Cebreiro gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2021

A obra Maternidades virtuosas, de María do Cebreiro Rábade Villar, resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2021, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia co patrocinio de Caixa Rural Galega. A xuntanza do xurado realizouse hoxe, día 21 de decembro de 2021, ás 11 […]
“O idioma galego baixo o franquismo”: a política lingüística da ditadura, a análise

Publicada na colección Manuais da Editorial Galaxia, O idioma galego baixo o franquismo. Da resistencia á normalización, de Henrique Monteagudo, nace como a continuación da Historia social da lingua galega. Nela, o autor ofrece unha aproximación de conxunto ao período franquista. Analízase a política lingüística represiva da ditadura, consistente na imposición coactiva do castelán e na […]